Con respecto á provincia de Lugo, que conta con 119.680 pensionistas, o popular manifestou que as pensións dos lucenses gañaron poder adquisitivo dende que goberna o Partido Popular e insistiu en que en 2014 as pensións subiron malia que os prezos baixaron: “no ano 2014, os pensionistas viron incrementado o seu poder adquisitivo nun 1.25% e en Lugo nun 1.55% “- matizou.
“Con Mariano Rajoy o poder adquisitivo dos pensionistas incrementouse, e as previsións establecen que en 2015, volverá a medrar, entre outras cousas, pola evolución estimada da inflación, que temos en España”- explicou Barreiro, quen lembrou que se revalorizaron periódica das pensións en 2012, 2013 e 2014 e vanse volver a revalorizar un 0.25% en 2015.
ANO
| IPC
| INCREMENTO DE PENSIÓNS | CONCLUSIÓN |
2010 | 3% | 1% |
As pensións PERDEN poder adquisitivo. |
2011 | 2,4%
| 0% | |
|
|
|
|
2013 | 0,3% | As pensións <1000 se incrementan un 2%
As pensións >1000 se incrementan un 1% |
As pensións GANAN poder adquisitivo |
2014 | –1%
| 0,25% |
Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social, INE.
AS REFORMAS NECESARIAS
Acompañado polos deputados nacionais e senadores, José Manuel Barreiro lembrou que a principal ameaza para as pensións foi o goberno socialista, que “non só as conxelou, senón que foi incapaz de afrontar as reformas necesarias, mentres España entraba en práctica bancarrota e se xeraba un clima de nerviosismo e desesperación na sociedade”.
Manifestou Barreiro que hoxe en día hai 400.000 pensións máis que no 2011 e por primeira vez, a pensión media supera os 1.000 euros en España, polo que insistiu en que o comprobable con datos non da lugar a interpretacións. Expuxo, con cifras na man, unha comparativa entre o Goberno Socialista e o Popular.
FONDO DE RESERVA
O presidente provincial manifestou que Mariano Rajoy conseguiu garantir que 9.275.000 pensionistas cobraran e cobren mes a mes as súas pensións ademáis de incrementarse a pensión media de xubilación un 3,54%. Citou aquí o Fondo de Reserva creado polo PP que se utilizará para apoiar aos pensionistas ata o final e sempre que sexa necesario.
RAJOY CUMPRIU O SEU COMPROMISO: “NON TOCOU AS PENSIÓNS”
Por outra banda, o deputado nacional, Joaquín García Díez, lembrou que malia ás enormes dificultades económicas destes últimos anos, o Goberno non recortou no fundamental do Estado de Benestar.
“O empeño de Rajoy e do seu Goberno foi que 9.275.000 pensionistas, cobraran tódolos meses durante estes anos as súas pensións, e conseguírono, sen conxelalas e sen baixalas”- manifestou quen engadiu, que nestes dous últimos anos as pensións ganaron poder adquisitivo fronte á perda de anos anteriores.
García Díez manifestou que Rajoy cumpriu o seu compromiso. “Dixo que o ultimo que se tocaría serían as pensións e así, hoxe en España poden manterse máis pensións que nunca: 400.000 mais que cando empezou a lexislatura, e superando por primeira vez os 1.000 euros a pensión media”- lembrou.
Concluíu o popular manifestando que neste mesmo período de tempo, outros países europeos viron caer as súas pensións en mas dun 40% mentres aquí a acertada política económica as blindaba e revalorizaba.