Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro anuncia que Emma Álvarez será a alcaldable popular de Lourenzá

Venres 30 de xaneiro de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro anunciou este venres que Emma Álvarez Chao encabezará a candidatura dos populares en Lourenzá para as eleccións do vindeiro mes de maio.
Barreiro salientou o traballo continúo de Emma Álvarez a quen definiu como “persoa totalmente implicada cos seus veciños e co seu pobo”.

Manifestou o popular que malia a difícil situación económica, a candidata popular e actual rexedora, foi capaz de acadar unha mellora do municipio e da calidade de vida dos seus habitantes.

Pola súa banda, Emma Álvarez Chao, agradeceu ao presidente provincial a confianza depositada na súa persoa para este cometido e comprometeuse a seguir traballando na liña emprendida.

“Os veciños son a miña prioridade e intentar solventar as súas necesidades é o meu principio”- manifestou a popular, quen engadiu que tamén seguiría loitando por facer viables varios proxectos no sector produtivo, agrícola e forestal.

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Emma Álvarez Chao naceu en Lourenzá o 4 de setembro de 1974. É Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e dende 1996 traballou en Os Irmandiños Sociedade Cooperativa Galega. Nas eleccións municipais de 2007 foi nas listas do PP ao concello de Lourenzá, resultou elixida e foi edil de Medio Ambiente e Medio Rural. Foi candidata nas autonómicas de 2009, non saíu elixida pero foi deputada do Parlamento de Galicia substituíndo a Raquel Arias . Foi voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular e logo da dimisión de Vidal Martínez-Sierra López en setembro de 2012, foi elixida alcaldesa de Lourenzá.

Exit mobile version