Burela, 15 de xaneiro de 2015. O salón de plenos do Concello acolleu este xoves a presentación da escola de columna e do curso de ximnasia preventiva. A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán, amosouse moi satisfeita pola acollida que tiveron ambas actividades, que se reanudarán a vindeira semana.
Os horarios nos que se levarán a cabo as clases da escola de columna serán os luns ás 15.30 e ás 16.30 horas; os martes ás 09.00, ás 10.00 e ás 11.00; os mércores ás 19.00 e ás 20.00 horas e os venres ás 09.00, ás 10.00 e ás 11.00 da mañá. No caso da ximnasia preventiva, as clases impartiranse os luns e xoves ás 09.00, ás 10.00 e ás 11.00 horas. A escola de columna impartirase na aula de familia da Casa da Cultura e a ximnasia preventiva na praza de abastos.
En total 180 persoas se beneficiarán destas actividades organizadas pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade de Burela.