Site icon Crónica3.com A Mariña

A peste negra e a crisi

Existe unha delgada liña marrón que divide a humanidade en dous grandes grupos: aqueles que nacen por encima da liña de flotación e teñen unha vida, e os que nacemos afundidos na merda e temos que darnos hostias para saír a respirar.

A Peste negra do 1348 exterminó a unha terceira parte da poboación europea. Foi unha catástrofe horrorosa. Pero, como dicía Mao, das máis negras nubes cae unha choiva límpida e cristalina.

A enorme disminución na cantidade de brazos laboriosos campesiños dispoñibles colocou aos señores feudales nunha engorrosa situación: por primeira vez o poder de negociar os términos en que se cultivaban as tenencias cedidas aos campesiños tendeu a favorecer aos productores directos. Por primeira vez o que abundaban eran terras incultas e o que faltaban eran labregos dispostos a encorvar a cervis nos sucos.

Foi o comezo do fin do feudalismo como sistema de produción dominante. A partir de alí desátanse unha concatenación de eventos que van limitando inexorablemente o poder da clase nobre ociosa fronte aos sectores populares laboriosos.

E é que si agora un terzo da clase media fósese ao carallo, froito de algúna pandemia (como a gripe Z) os supervivientes a verdade é que o pasariamos teta. Non defendo unha masacre nin sequera desexo que se morra un terzo da poboación (aínda que moitos o merezan…) pero si en cada oferta de traballo de 13 horas ao día por 500 mensuales, non houbese hostias por aceptar, outro galo cantaría. E non é que critique aos que se deixan explotar, e é que cando se aceptan ditas condicións nunca é por gusto, pero si que viría ben un poquito de dignidade para evitar que os ricos sexan aínda máis ricos á nosa cousa. ¡Un pouco de amor propio!

Si todos tuviesemos esa capacidade de dicir NON aos explotadores, ninguén sería explotado. O problema é que con que unha persoa acate a súa lei, todo o tinglado vaise á merda. E cantos máis escravos hai, máis difícil é saír da escravitude. E así nos vai todo sumidos nun bucle de desesperación por catro cadelas…

Otero Regal.

Exit mobile version