Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca de Ribadeo entregará o 23 de xaneiro os premios da fase local do Certame de Poesía Infantil Nadal 2014

Ribadeo, 15 de xaneiro de 2015. A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo fixo públicos os nomes dos gañadores do certame de Poesía Infantil Nadal 2014 na súa fase local. Dende a Biblioteca Municipal, organismo que convocaba o concurso, anunciaron que foron máis de 200 os nenos e nenas que participaron neste certame, resultando gañadores: Raúl Fernández Torviso na categoría A (ata 8 anos), Sofía García Estua na categoría B (de 9 a 11 anos) e Irene Awad Guerrero na categoría C (de 12 a 16 anos). A entrega de premios levarase a cabo o 23 de xaneiro ás 18.00 horas na propia Biblioteca Municipal. Os traballos seleccionados ademais pasarán a participar nas vindeiras semanas na fase provincial do concurso.

Por categorías, na categoría A participaron 78 nenos dos que resultaron gañadores tres alumnos do CEIP Gregorio Sanz. O primeiro premio recaeu no poema Deixa caer a túa bágoa viva, de Raúl Fernández Torviso, de 8 anos de idade. O segundo foi para a poesía Hipocresía de Nadal, de Xavi Román Iriarte Álvarez de 8 anos e o terceiro para o traballo O Nadal, de Patricia Álvarez Rey de 7 anos. Na categoría B rexistráronse 89 traballos, resultando así esta sección a máis concorrida do concurso. Nela o poema O Nadal de Sofía García Estua, alumna de 11 anos do colexio Gregorio Sanz, foi o elixido gañador. O segundo premio recaeu no traballo Adelantándonos ao Nadal de Irene Logares Carbajales, tamén alumna de 11 anos de idade no mesmo centro escolar. O terceiro premio foi para a poesía Cantaremos panxoliñas de Carís Hernández Eiros, estudante de 10 anos do colexio Sagrado Corazón.

Na categoría C participaron 41 traballos, entre os que foron seleccionados tres poemas gañadores que corresponderon a tres alumnos de 15 anos de idade que estudan no colexio Sagrado Corazón: Non perdas a ilusión, de Irene Awad Guerrero en primeiro lugar, O outro Nadal, de Antón Enríquez Martínez posto. Dende a Biblioteca Municipal agradecen a participación aos máis de 200 nenos que decidiron entregar os seus traballos neste certame e felicitan aos gañadores que van a participar nas vindeiras semanas na fase provincial desta nova edición anual do certame de Poesía Infantil Nadal 2014.

Exit mobile version