Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de arqueoloxía en Mondoñedo entre o 12 e o 14 de decembro

present-arqueoloxiaAs XIV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía “Villaamil y Castro” se celebraranse na Sala Multiusos do Centro Comarcal (localizado na rúa Julia Pardo) de Mondoñedo os días 12, 13 e 14 de decembro de 2014 baixo a organización do Concello de Mondoñedo e patrocinada pola Vicepresidencia Primeira Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

O programa será o seguinte:

Venres 12 de decembro
19.30 horas: Recollida de documentación.
19.45 horas: Acto de inauguración.
20.00 horas: Conferencia: “Conquista e organización do noroeste peninsular en época imperial”
Dr D. José Costa García – Universidade de Santiago de Compostela

Sábado 13 de decembro
18.00 horas: Conferencia “O campamento de Aquis Querquennis”
D. Santiago Ferrer Sierra – Arqueólogo

Domingo 14 de decembro
08.00 horas: saída de Mondoñedo
11.30 horas: Visita campamento romano de Aquis Querquennis: xacemento e centro de interpretación (Bande, Ourense) D. Santiago Ferre Sierra.

A matrícula no curso é gratuíta e pode facerse comunicando os datos persoais no Concello de Mondoñedo por correo normal (Praza do Concello, s/n. 27740 Mondoñedo, Lugo); fax (982 507 421) ou comunicar coa institución na que tomarán os teus (teléfono 982 52 40 03). Tamén é posible a matrícula por correo electrónico a través do enderezo: xornadas.arqueo@gmail.com.

O prazo de matrícula finaliza o venres o 12 ás 14.00 horas para a matrícula por correo ordinario e ás 00.00 horas para as matrículas por correo electrónico.

Exit mobile version