Site icon Crónica3.com A Mariña

Xebra! achega o Apalpador a Burela

apalpador-burelaO Apalpador visitou Burela este sábado 27 de decembro nun acto organizado pola “Associaçom Cultural Xebra!”

Ás 17.00 horas o Pandigueiro saiu dende o Centro Social da asociación repartindo doces e castañas entre as nenas e nenos e visitou o local da asociación Altair, nunha ruada pola vila acompañado do grupo de gaitas Arume.

O Apalpador ou Pandigueiro é a figura do nadal galego que está sendo recuperado dende os centros sociais e os movementos asociativos galegos. El é un vello xigante carboeiro que vive nas devesas da alta montaña do Leste de Galiza e por estas datas baixa ás aldeas pola noitiña a visitar aos nenos e nenas e lles apalpar as barrigas cando están durmidas por ver se están ben mantidas, deixándolles como agasallo castañas e doces e desexándolles que todo o ano estean ben fartos.

Exit mobile version