Todos os colaboradores e patrocinadores do Festival Osa do Mar están convidados á Reunión/Festa deste vindeiro sábado 3 de xaneiro ás 20.00 horas na Praza de Abastos de Burela. Primeiro farase balance das primeiras actividades da Asociación Cultural Fanto Fantini, algún anuncio sorpresa e un avance do programa do 2015. Despois, poderanse tomar uns pinchos, parolar, beber algo e escoitar boa música todos xuntos.