Site icon Crónica3.com A Mariña

Representación da Maseira en Alfoz

maseira-nadalO sábado 27 de decembro o Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, de Alfoz e O Valadouro, representou na Casa da Cultura de Alfoz a súa última obra, titulada “Os anxos do apocalipse”, na que se reflexiona dun xeito simpático sobre a fin do mundo e sobre os defectos humanos. A representación enmarcábase dentro da programación cultural que organiza o Concello para estas datas de Nadal. Nove actores foron os encargados de subirse ó escenario: Daniel Rejes, Claudia Pena, Rocío Sixto, Sabela Quirós, Lara Fanego, Leni Níñez, Cristina Trigo, Zaira Fernández e Andrea Geada.

Exit mobile version