Puntuaron tódolos favoritos da categoría sénior da Liga de Bolos de Xove menos Moisés Rodríguez, quen ademáis deixa de ser o único xogador que puntuara en tódalas tiradas ata o momento. Perde ademais a cuarta praza a favor de Francisco Pérez e ve como se lle achega por detrás o vixente campión, Álex Meitín.
Rematada a primeira volta do campionato (9 tiradas realizadas das 18 previstas), na categoría destaca unha gran igualdade. En cabeza, o incombustible Arturo Vigo con 60 puntos, seguido dun Rafael González que conseguiu recortarlle puntos nesta tirada de Sumoas. No terceiro posto e último peldaño do podio temos a Sócrates Campo, grazas á súa excelente regularidade, xa que sempre que puntuou nunca baixou do sexto posto. Por detrás un grupo de xogadores cunha moi boa puntuación e que na segunda volta do campionato están en disposición de asaltar os postos de cabeza.
Nada decidido a metade do campionato, presentándose unha segunda volta moi emocionante cun bo grupo de xogadores que aínda poden aspirar a todo.
Liga Sénior Feminina
Nesta última tirada da primeira unha grata sorpresa; a victoria incontestable de Paula Campo, realizando unhas espléndidas boladas no Campo de Sumoas, rompeu a tiranía das tres grandes favoritas. En canto á clasificación, non varía nos postos de honra respecto da pasada semana, manténdose no liderato Carmen Roca con 39 puntos, seguida de Salomé Cardoso con 37 e Belén Meitín con 36. Polo tanto, máis apretada, se cabe, a clasificación nesta categoría.
E, na segunda volta, todo por decidir. Das tres favoritas, Carmen Roca (por partida dobre) e Belén Meitín xa saben o que é a vitoria final nesta Liga. E no que respecta a Salomé, pódese dicir que, pola súa xuventude, o futuro é seu. Coñecendo como coñecemos a Salomé, xogadora tremendamente competitiva, sabemos que vai intentar facer historia nesta competición, tentando gañala na súa primeira participación, despois de obter dous entorchados na Liga Sub 18.
Liga Sub 16
A punto estivo de saltar a sorpresa outra vez na categoría, xa que a Miguel López faltoulle moi pouco para repetir vitoria de non ser por un fallo na última bolada. Aínda así, só perdeu un punto respecto ó líder, Daniel Alonso.
Nesta Liga, o candidato principal, despois de pasado o ecuador da mesma, segue a ser Daniel; pero, cunha segunda posición moi consolidada atópase Miguel López que, se consegue centrarse e xogar ó seu nivel, aínda podería por en apuros ó líder.
Xa moi lonxe do nivel destes dous xogadores temos a Julia López, Lara Rodríguez, Hugo Pérez, etc., que se terán que conformar por pelexar pola terceira posición final, único posto que lles quedaría no podio de honra.
A vindeira tirada, PRIMEIRA DA 2ª FASE, vaise celebrar CAMPO DO CENTRO SOCIAL DE LAGO, O vindeiro sábado 13 DE decembro de 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (29 NOVEMBRO DE 2014) 35 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 256 | 12 |
SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 251 | 10 |
TERCEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 239 | 8 |
CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 229 | 7 |
QUINTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 219 | 6 |
SEXTO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 215 | 5 |
SÉTIMO | JOSE VIGO LAGE | 213 | 4 |
OITAVO | SÓCRATES CAMPO SUÀREZ | 206 | 3 |
NOVENO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 202 | 2 |
DÉCIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 202 | 1 |
MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 85 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 140 | 6 |
SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 120 | 4 |
TERCEIRO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 116 | 3 |
CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 80 | 2 |
QUINTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 65 | 1 |
MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 49 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 186 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 136 | 4 |
TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 123 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 111 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 87 | 1 |
MELLOR BOLADA | PAULA CAMPO SUÁREZ | 56 | 1 |