Rafa Casanova marca no minuto 89 o único gol do partido ante o Bertamiráns e deixa ó Ribadeo CF a 2 puntos da zona de promoción de ascenso. O encontro correspondente á xornada 14 disputouse este sábado 27 de decembro no Pepe Barrera tras ser aprazado debido ó mal estado do terreo de xogo non demasiado mellorado nas últimas semanas.
Con esta dificultade, os celestes enfrontábanse a un importante partido ante o colista que, a pesar de estar practicamente descendido, avisou ós locaiscun disparo no minuto 3. Isto serviu de revulsivo para os ribadenses que comezaron a marcar a diferenza.
Houbo claras ocasións para os mariñáns en todo o partido dende as botas de Rafa Casanova, o responsable do único tanto do partido, e Miguel Gomes que fallou a porta baleira despois de entrar sustituíndo a Brais. A defensa do Bertamiráns fixo o seu traballo e rexeitou os envistes dos locais ata que, finalmente, entrou o coiro na portería de Miguel.
Grazas a este tardío gol, os celestes suman 30 puntos e achéganse á salvación matemática. A vindeira xornada, o domingo 4 de xaneiro, mediranse ó As Pontes situado na décima quinta posición da táboa con 10 puntos menos que os de Germán e Vilachá. Xa o martes 6 de xaneiro, o Ribadeo medirase ó Foz nun encontro amigable no estadio Martínez Otero a partir das 18.30 horas.