Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP asegura que o HULA disporá en 18 meses de Radioterapia e Medicina Nuclear

Lugo, 30 de decembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo asegurou este martes durante a sesión plenaria que o Hospital Universitario Lucus Augusti disporá no prazo de 18 meses, tal e como establece a lei que se vén de aprobar, dos servizos de Radioterapia e Medicina Nuclear.

O deputado popular, Fernando Pensando, reiterou o compromiso do Partido Popular coa sanidade en Lugo e manifestou a inflexibilidade para que este prazo se cumpra. Os 18 meses, segundo explicou Pensando, non é un azar, senón que é o tempo que os técnicos estiman razoable e conveniente para instalar estes servizos e que estean operativos.

Por iso, o popular manifestou a súa crítica contra a campaña de difamación e manipulación dos socialistas e nacionalistas coas cuestións de sanidade, supostamente, lamentou Pensado, para obter réditos electorais. O compromiso e a seriedade, segundo o popular, mídese en feitos e os que agora se erixen en grandes defensores do Hula deixaron sen equipamento e sen ningún servizo previsto este Hospital.

Fernando Pensado asegurou que vivimos de feitos e non de palabras, por iso disporemos destes servizos no Hula. Un contrato que arranca da licitación publica por importe de 88 millóns de euros no DOG do 24 de setembro de 2013, estando previsto que este proceso de adxudicación poda rematar definitivamente a principios de 2015.

O popular explicou que foron os populares os que dotaron os servizos existentes que ten o Hula, como é o caso de Hemodinámica dende principios de ano, e que o seguirán facendo con Radioterapia e Medicina Nuclear e non lles flanquearán forzas para conseguilo, por iso, nesta liña de esforzo e traballo, Pensado asegurou que se pedirá a reunión da Xunta de Participación e se proporá a constitución dunha comisión de seguimento.

Exit mobile version