A Mariña, 1 de decembro de 2014. O BNG da Mariña traslada o seu apoio á familia mariñeira da comarca e especialmente ás familias dos dous tripulantes desaparecidos do “Safrán”, Juan José Pardiño Parapar e Benigno Vázquez García así como aos seus compañeiros de tripulación que afortunadamente sufriron mellor sorte, e armadores da embarcación con base en Celeiro.
Igualmente queren mostrar a satisfacción porque o accidente da lancha “Manuel” de Ribadeo se saldara sen ter que lamentar mais vidas humanas, ao marxe do importante susto para os tripulantes e a perda da embarcación.
Desde o BNG trasladan tamén ás confrarías de Celeiro, Burela e Ribadeo o seu apoio, agardando que noticias como estas, tristemente repetidas no sector, sirvan para mellorar a seguranza nun traballo duro e arriscado.
Executiva Comarcal do BNG na Mariña.