Decenas de ribadenses foron sorprendidos na rúa e nos comercios polas bromas que Acisa preparou para celebrar o día dos Santos Inocentes e que gravaron as cámaras de Servizos Audiovisuales El Farero. O video coas bromas está colgado en youtube en dúas versións: curta e longa, para que o poidan gozar todos os que o desexen. Un boneco de neve percorreu diversos puntos da localidade, estivo na rúa Doutor Moreda e na praza de España, causando asombro entre adultos e nenos. Algúns socios de Acisa tamén foron obxecto de varias inocentadas. Acisa celebrou así por primeira vez o día dos Santos Inocentes na rúa.