Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá unha exposición de bixutería artesá da artista local Silvia Viary

Burela, 30 de decembro de 2014. A Concellería de Cultura de Burela presentou a que será a primeira exposición celebrada na vila no novo ano 2015. A mostra levará o título de Universo Viary e correrá a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal.

A exposición inaugurarase este venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. O anuncio fíxoo a concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, quen animou aos veciños “a visitar esta interesante exposición”.

Exit mobile version