Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros, contra a violencia de xénero

barreiros-violenciaO domingo 30 de novembro concluíron en Barreiros os actos organizados para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro tivo lugar a representación da obra de teatro Eterea, a cargo da asociación VEA. Os asistentes gardaron antes un minuto de silencio e acenderon velas en lembranza das vítimas mortas a mans das súas parellas neste 2014. E os nenos e nenas portaron globos malvas na súa lembranza. Tamén se volveu dar lectura ao manifesto que o 25 de novembro leu o alcalde, Alfonso Fuente, ás portas da Casa do Concello.

Exit mobile version