Para iso, Domínguez anunciou que AUGA contará para inicios do vindeiro 2015 cunha nova oficina en Burela, a primeira que se instalará na comarca e dende a que pretendemos dar a coñecer tódolos servizos que ofrecemos para facilitar a vida laboral e persoal dos autónomos de a pé. Como son procurar un mellor acceso á financiación tanto coa banca tradicional como coa banca ética e alternativa, garantir as mellores prestacións sanitarias a través dunha póliza gratuita de Alta Especialización con ACUNSA (Asistencia Clínica Universitaria de Navarra) e proporcionar os mellores servizos ó mellor prezo como descontos en combustible de ata 17cts por litro, asesoramento gratuito para aforro enerxético de ata un 40%, prevención de riscos laborais ou asesoramento permanente a través do Teléfono de Atención ó Autónomo 902 922 300”.
No mesmo senso, insistiu en que “debemos concienciarnos de que a nosa unión é fundamental para afrontar a complexa situación económica pola que atravesamos e facernos máis fortes ante as dificultades do noso día a día”.
O voceiro de AUGA lembrou ademais a “existencia dunha web nova, sinxela e sobre todo, de utilidade para os autónomos, na que se poden consultar todos os nosos servizos, os beneficios de estar unidos a AUGA e tamén estar ó día do noso traballo cotiá”.
O 18% dos autónomos da provincia
Dende AUGA sinalaron que “na Mariña, sumamos un total de 6.443 autónomos, o que representa case a quinta parte, un 18%, do total de traballadores por conta propia de toda a provincia de Lugo”.
A pesares de ser moi relevante en canto a número de autónomos, as cifras en termos trimestrais e anuais amosan un certo estancamento, “só catro dos quince concellos mariñáns lograron gañar en número de autónomos dende xuño a setembro (último trimestre do que temos datos), Burela cunha suma de 15, Mondoñedo con 4, Cervo con 3, e Foz, con 2. E se pensamos no que vai de ano, tan só pasamos de contar en xaneiro con 6.416 a sumar uns 6433 a finais do verán”.
Lisardo Domínguez non quixo deixar de insistir na importancia de A Mariña para os autonómos, “sodes moitos os pequenos autónomos que traballades nesta comarca e que dades emprego a moitas outras persoas. A pesares de todo, estamos sufrindo un réxime de autoexplotación dos que as administracións públicas non se fan responsables. Pensade na posibilidade de unirnos todos, parar de traballar tan só unha hora ó día e o que suporía iso para toda A Mariña. Tedes un bo exemplo con Alcoa, a forza que ten con case 2.000 afectados entre traballadores directos e indirectos. Os autónomos aquí somos máis de 6.000”.
Dende Autónomos de Galicia, AUGA, remataron lembrando que “a nosa organización mantén como principal obxectivo ser esa voz organizada e común de tódolos autónomos e autónomas para defender as nosas reivindicacións diante das administracións públicas e que se nos recoñeza a importancia que temos para a economía de todo o país como xeradores de emprego e piar fundamental para saír da crise. Pagando os nosos impostos axudamos a manter o Estado do Benestar, e non precisamos tanto que nos boten unha man como que nos quiten dunha vez por todas as mans do pescozo”.