Pero o que máis traballou Herrera foi a luz das fotografías. Cada unha delas é o resultado de varias viaxes a un mesmo lugar, buscando unha luz determinada para transmitir un sentimento ou unha emoción. De feito, o autor destaca a luz cambiante da comarca como un dos seus maiores atractivos.
As imaxes están colocadas de leste a oeste, dende a ponte dos Santos á ponte do Vicedo, e inclúen textos con pequenas historias ou datos importantes de cada lugar que o autor foi obtendo durante as súas conversas cos veciños complementadas con traballo documental.
Unha mostra na que o municipio de Cervo ten certo protagonismo. Seis son as fotografías centradas no concello que captan lugares como o encoro de Río Covo, a praia da Caosa, Alcoa, a presa de Sargadelos, a festa da Queimada e a ermida de San Cibrao no día da Maruxaina.
Antonio Herrera expuxo a súa obra en multitude de lugares e participou en numerosos concursos de fotografía. Un deles foi o IV Cervo Respecta de fotografía medio ambiental convocado polo Concello este ano e no que gañou ou primeiro premio con “Acantilados de papel”, unha imaxe do cabo Morás, en Xove. A mostra pódese visitar de luns a venres de 9 a 13:30 e de 17 a 20 horas.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e edil de Cultura, Begoña Alonso, e o propio artista participaron hoxe na inauguración da mostra que a edil recomendou “por la gran calidad de las fotografías, y por ser una estupenda ocasión para ver nuestro concello y toda la Mariña a través de la mirada de un visitante y apasionado de la comarca”. Ao mesmo tempo Alonso lembra que esta será a primeira exposición do ano 2015 “en el que seguiremos trabajando para que, al igual que en años anteriores, los espacios públicos sigan al servicio de la cultura y el arte”.