O vindeiro sábado, 11 de outubro, como de costume convócase a XXVII Feira do mel de O Valadouro. Estará ubicada na explanada do parque Concepción Arenal de O Valadouro desde as 10.00 horas ata as 13.30 horas con postos de mel de O Valadouro, O Cadramón, Ribadeo… Tamén haberá obradoiro de velas, artesanía, cerámica, degustación de feixos e xeados con mel e o sorteo dun lote de produtos apícolas. Inscrición de postos da Feira do Mel no teléfono 982 57 15 16 ata o mércores 8 de outubro.