Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Xustiza de lei’ en Barreiros

xustiza-leiUn cento de persoas acudiron este domingo ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, a disfrutar da representación teatral do grupo Ardora, que puxo en escena a obra “Xustiza de lei”, unha comedia realista que esbozou unha radiografía en clave de humor da situación de desamparo na que se ven envoltos os cidadáns cando esperan unha aplicación das leis con sentido común. A representación forma parte do proxecto teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da súa Vicepresidencia Primeira. O acto contou coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros.

Exit mobile version