Un cento de persoas acudiron este domingo ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, a disfrutar da representación teatral do grupo Ardora, que puxo en escena a obra “Xustiza de lei”, unha comedia realista que esbozou unha radiografía en clave de humor da situación de desamparo na que se ven envoltos os cidadáns cando esperan unha aplicación das leis con sentido común. A representación forma parte do proxecto teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da súa Vicepresidencia Primeira. O acto contou coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros.
‘Xustiza de lei’ en Barreiros
‘Xustiza de lei’ en Barreiros
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia