O vindeiro domingo ás 20.00 horas na Igrexa Parroquial de Burela o Obispo da Diócese, Manuel Sánchez Monge, presidirá a celebración de Acción de Gracias polos 50 anos de profesión relixiosa da Irmá Visitación Sendino del Olmo. Esta Irmá, mestra, especialista en educación infantil, ó largo destes 50 anos traballou en Italia, Guatemala e España onde pasou os últimos 7 no Centro de Día de Menores San Aníbal de Burela. Nesta celebración, acompañando ó Sr. Obispo, estará o Conselleiro Xeral dos Pais Rogacionistas, Padre Mateo Sanavio que acude dende Roma. As Fillas do Divino Celo – Rogacionistas están presentes nos 5 continentes facendo presente o carisma do Rogate, que é a unión da oración polas vocacións coa testemuña da caridade cara ós máis desfavorecidos, de maneira especial cara a infancia e as mulleres en exclusión.