Primeira victoria de Arturo Vigo na Liga Sénior Masculina en dura pugna con Sócrates Campo durante a segunda tirada da XXVIª Liga de Bolos de Xove. Arturo ademais superou o récord de puntuación, que el mismo tiña dende o 20 de outubro de 2012 con 341 puntos realizados no Centro Social de Monte, cun tanteo de 343 tantos. José Rafael segue líder, agora con 19 puntos, seguido de Sócrates con 18.
Liga Senior Feminina
A pesares de non gañar, Salomé Cardoso mantén o liderato grazas ó seu segundo posto na tirada. Gañou a tirada a vixente campioa Belén Rodríguez que se foi aos 170 tantos, un máis que Salomé. Podemos falar dunha tarde moi igualada nesta categoría, que puido ser fácilmente gañada por Dolores Baño con dúas primeiras boladas primorosas, pero que fallou estrepitosamente nas dúas últimas. Acompañando a Belén no segundo posto da táboa temos a Carmen Roca, dobre gañadora desta Liga e xa perfectamente recuperada polo que non nos cabe a menor dúbida que vai ser unha das principais favoritas a gañar esta edición despois de acadar un Subcampionato de España, aínda que noutra modalidade de bolos.
Liga Sub 16
Despois de non puntuar na primeira tirada celebrada a pasada semana en Lago, tivemos a un Miguel López enrabietado que sabía que non podía deixar máis puntos ós seus rivais. A victoria de Miguel, xunto coa mellor bolada, fai que recorte distancia co líder, que continúa sendo Daniel López con 11 puntos, grazas ao seu segundo posto na tirada. Agás que teñamos algunha importante incorporación nesta categoría, está claro que Miguel e Daniel vanse xogar os dous primeiros postos na Liga. Un escalón por debaixo temos outros xogadores/as como Lara Rodríguez, Julia López, Hugo Pérez, etc.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE, O VINDEIRO SÁBADO, 18 DE OUTUBRO DE 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CLUB DE PALMEIRO (11 OUTUBRO DE 2014) 34 INSCRITOS: 13 NA LIGA SENIOR, 11 NA LIGA SUB 16 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 344 | 12 |
SEGUNDO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 317 | 10 |
TERCEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 269 | 8 |
CUARTO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 266 | 7 |
QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 247 | 6 |
SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 231 | 5 |
SÉTIMO | MODESTO ALBO VIDAL | 222 | 4 |
OITAVO | JOSE VIGO LAGE | 215 | 3 |
NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 215 | 2 |
DÉCIMO | JOSÉ MANEU L COCIÑA RIVERA | 205 | 1 |
MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 94 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 186 | 6 |
SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 169 | 4 |
TERCEIRO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 135 | 3 |
CUARTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 108 | 2 |
QUINTO | JULIA LÓPEZ FORMOSO | 90 | 1 |
MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 65 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 170 | 6 |
SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 169 | 4 |
TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 166 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 157 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 143 | 1 |
MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 68 | 1 |