O Ribadeo golea ó Xuventude Sanxenxo no Pepe Barrera nun partido marcado pola expulsión do porteiro visitante ós poucos minutos do inicio do partido.
O árbitro expulsou a Vila tras derribar a David Rodríguez cando o tiña todo a favor para marcar despois de chegar noutras dúas ocasións á portería dos de Oliveira. Santi encargábase de transformar o penalti que poñía ós mariñáns por diante no marcador no minuto 25. Rafa Casanova batía a Luis 5 minutos despois ampliando a vantaxe para os de Germán e Vilachá.
Á volta dos vestiarios, Javi marca o terceiro para os celestes, mentres os visitantes trataban de engancharse a un partido que xogaron con 10 xogadores durante máis dunha hora. Cuchi recortaba distancias para o Sanxenxo transformando unha pena máxima no 59; pero antes do final, Rafa Casanova anotaba de novo o definitivo 4-1.
Derbi provincial
Deste xeito, os celestes suman seis puntos en dúas xornadas, despois de gañar ante o Ribadumia na sétima xornada de Liga, e colócanse na metada da táboa con 11 puntos, un máis que o rival da vindeira xornada, o Rácing Club Villalbés. Os mariñáns medirante aos chairegos no derbi provincial da categoría o vindeiro domingo 19 de outubro en Vilalba.