Pavís Pavós ofreceron o seu espectáculo titulado Palma repalma, contos para bebés, a cargo de Tareixa e Xacobe. Houbo moita presenza de nenos e pais, como destacou o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.
Foi unha actividade encadrada dentro do programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura.
As actividades na biblioteca municipal de Foz continuará o 17 de outubro, venres, coa actuación de Carlos Coira, que ofrecerá o seu espectáculo Abrapalabra, maxia e poesía.