Site icon Crónica3.com A Mariña

Un calatán acada o primeiro premio no III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

Mondoñedo, 27 de outubro de 2014.- Eduard Velasco, natural de Barcelona e residente en Santiago, álzase como gañador da III edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo.

O traballo presentado pola gañador que obterá un premio de 1.500 €, placa e diploma, leva por título “Mentres o tacto”. O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada “Marchamos” da que é autor, Gonzalo Hermo González, de Rianxo. José Antonio Grela Martínez, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra “Renovatio”. José Antonio Grela é de Santiago de Compostela.

A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, 8 de novembro segundo o seguinte programa:

12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.

Exit mobile version