Aínda que os arqueiros de do Club de Tiro con Arco Iadovi non lograron grandes méritos, conseguiron subir ao podio. Foi o caso da representante feminina de arco recurvo na categoría sénior, Ana María Briones Montes, que se situaba terceira ao finalizar as series clasificatorias con 500 puntos sobre 600 máximos posibles. Pola tarde disputaba os sets eliminatorios, comezando estes en cuartos de final. Impoñíase á representante do Club Casino de Coruña cun contundente 7 a 3, logo enfrontábase á representante do Clun Sílex de As Pontes de García Rodríguez, Cristina García Barcala, a cal non perdoaba un só set aínda así Ana non vendeu a súa derrota doadamente, perdía 3 a 7. Terceiro e último enfrontamento, enfróntase á representante do Club Arco Narón, os sets foron moi apertados tanto que chegaron ao empate a 4 puntos, no quinto e último set os nervios xóganlle unha mala pasada á representante de Arco Narón colocando unha das súas frechas fóra das dianas, o que aproveita Ana atina coas súas tres frechas o que lle leva ao podio, finaliza o encontro 6 a 4 a favor da nosa arqueira mariñá.
Na categoría sénior homes de arco recurvo participaban os cadetes. Gabriel Galante Briones situábase ao final das series clasificatorias en terceira posición con 540 puntos. Pola tarde no seu primeiro encontro caía ante o representante do Club Lumelar de Ourense, ao finalizar o quinto sets ambos os dous arqueiros encontrábanse empatados a 5, polo que a frecha de desempate sería a que dirimía o encontro, ambos os dous arqueiros tiran o seu ultima frecha e ambos os dous conseguen colocar as súas setas no círculo central, o 10, faise necesaria a intervención do Xuíz o cal tras realizar as comprobacións necesarias lle dá a vitoria ao arqueiro do Lumelar tan só por 2 mili metros a súa frecha estaba máis próxima ao centro e con iso a derrota do noso arqueiro, aínda así logra a quinta praza tras a finalización do Torneo.
Francisco Melo Botelho conseguía pola súa banda superarse a si mesmo, rompendo o seu record persoal nesta distancia e diana (18 metros triplo vertical) 394 puntos que conseguía no pasado Trofeo San Froilan celebrado en Lugo o 27/09/2014; agora o seu teito esta nos 405 puntos. Situábase na posición 23. Pouco a pouco este arqueiro está a demostrar como o traballo e o seu tesón van dando froitos lentamente; non en balde foi felicitado polo actual tecnificador da Federación Galega de Tiro con Arco na última sesión de traballo celebrada en Villalba o pasado día 19 de outubro, onde resaltaba a súa boa técnica de tiro, animándoo a seguir traballando.
Por último, Iván Cendán Lindín, a última incorporación ao Club, situábase no posto 24 das series, tamén nos regalaba cunha magnifica puntuación de 365 puntos tendo en conta que é a súa primeira participación na diana tripla vertical.