Tapia de Casariego, 28 de outubro de 2014.- Como cada ano por estas datas, achéganse as XXIV Xornadas Micolóxicas e do Magosto e o XVIII Memorial Sánchez Ocaña. Os próximos días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, o Clube Deportivo “Marqués de Casariego” celebrará estas xornadas dedicadas aos cogomelos e o magosto na carpa que como é habitual instalarán na Praza de Campogrande.
Xoves 30 de Outubro ás 20:00 na Casa de Cultura de Tapia
-Acto de inauguración das XXIV Xornadas Micolóxicas e do Magosto e o XVIII Memorial Sánchez Ocaña.
-Charla-exposición “Buscando cogomelos con Pepe” a cargo de José Eladio Díaz López (Pepe)
-Entrega de premios do “IV Concurso Escolar de Debuxo sobre micoloxía”
Venres 31 de Outubro
20:30 na Casa de Cultura de Tapia
Charla: “Cogomelos do Occidente e a Mariña Lucense” a cargo de D. Jesús Blanco García, Biólogo pola Universidade de Barcelona, especializado en micoloxía e Presidente de Los Bolouros de Foz.
21:45 Carpa na Praza de Campogrande
Degustación de cogomelos preparada por Restaurante “El Álamo”. Prezo 6 €
Sábado 1 de Novembro
19:00 Carpa na Praza de Campogrande
Magosto con cornete de castañas, rapón, bolo preñao e sidra doce. Prezo 6 €
Como sempre estarán amenizados pola Banda de Gaitas Mariño Tapiega e por Discoteca Movil “Mourelle”.
Os vales encóntranse á venda en: Restaurante “El Álamo”, Libraría Arte, Estíbaliz Peñaranda, Estanco e CDB “Marqués de Casariego”. Prazas limitadas.
Aproveitan tamén desde “Marqués de Casariego” para recordar que que o próximo día 29 de Novembro terán a Cea-Baile que de Micoloxía no Restaurante “El Álamo”.