Site icon Crónica3.com A Mariña

Senderismo de Xove por Muniellos

muniellosO Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse este pasado domingo 12 de outubro a Moal (Cangas del Narcea – Asturias) para facer a ruta “El Bosque de Moal” enmarcada no Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias, e moi preto da Reserva Natural Integral de Muniellos, onde se encontra un dos robledais e hayedos máis grandes de España e o mellor conservado de Europa. Trátase dunha senda circular de 10 km, pero dunha dificultade física media-alta, pasando polo Miradoiro de Montecín, dende onde se ve unha panorámica espectacular da Reserva de Muniellos e de todo o Parque Natural. Toda esta zona ademais é Reserva da Biosfera. En pleno cambio cromático das árbores caducifolias, a ruta faise bonita á vista nesta época. Os sendeiristas tamén aproveitaron o desprazamento para visitar o Centro de Interpretación da Reserva Natural Integral de Muniellos. De volta a Xove, o Grupo deu un paseo pola Vila de Cangas del Narcea que celebraba a Festa da Vendimia.

Exit mobile version