A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado 11 de outubro a RUTA VILAR DE MOUROS – PARADA DE LOR, na Ribeira Sacra, de 15 quilómetros e dificultade media. O prezo será de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. A saída farase ás 07.30 horas dende a Estación de Autobuses de Burela. Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do venres 10 de outubro ás 13.00 horas. A organización aconsella levar botas e bastón e comida e bebida.