Alumnos e alumnas dos IES Monte Castelo e Perdouro, de Burela, asistiron este luns e martes á proxección do documental “Muller (es) Muller”, e a unha masterclass, actividades coas que o CIM pretende “promover a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas, así coma a prevención da violencia de xénero”. A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, acudiu ás aulas para presentarlles aos rapaces e rapazas o contido do programa no que ían participar. O alumnado do IES Monte Castelo acudiu á proxección o luns na Casa da Cultura e a masterclass foi impartida no propio centro. E no IES Perdouro as dúas actividades tiveron lugar este martes nas súas instalacións.