Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras nos Canóns do Sil

cabras-silEste sábado 11 de outubro os senderistas de Pasada das Cabras desprazáronse á Ribeira Sacra, para percorrer un tramo a ruta PRG-157, empezando en Lampaza (Vilar de Mouros) e finalizando en Augasmestas/Parada de Lor, ó longo do Canón do Sil onde puideron ver marabillosas paisaxes con albedros cargados de froitos maduros, sobreiras, aciñeiras, castiñeiros e carballos centenarios, e chopos que presentaban os primeiros amarelos do outono. Dende o miradoiro de Cubela pódese ver o Meandro da Cubela, elementos etnográficos como aldeas abandonadas: Froxende, Barxa, Parada e Vilar de Mouros, o complexo turístico hoxe abandonado de Augasmestas, xa preto da aldea abandonada de Parada, etc. Destacaron o Conxunto Etnográfico de Abelaira de Vilachá, con numerosas adegas tradicionais que forman unha unidade nun lugar con tradición milenaria na produción vinícola, onde a presidenta do Consello Regulador Purificación Díaz Ferreiro, a dona da adega que produce o Mencía “Val de Frades”, os agasallou cuns saborosos aperitivos e unha cata-degustación da súa marca vinícola. Ademais fixemos unha visita guiada pola adega e o museo deste conxunto etnográfico.

Exit mobile version