Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Remedios acollerá a gala musical ‘Voces da Paula’ o Día das Maulas

O luns, 20 de outubro é o último día de As San Lucas, coñecido como “o Día das Maulas” e nese día terá lugar a gala musical denominada Voces da Paula (Paula campá maior da SIC basílica de Mondoñedo). Un espectáculo que comezará ás dez da noite na Alameda dos Remedios, cunha duración aproximada de hora e media e no que participarán destacadas voces melódicas do panorama musical mindoniense tanto “amater” coma profesionais.

En Voces da Paula poderemos ver e escoitar por primeira vez un duo a cargo de Mónica Barreira (cantante da orquestra Principal) e Silvia Campos (vocalista de Nueva Generación). Tamén participarán no espectáculo os gañadores do certame “Mamá, quero cantar” que se celebrou o pasado verán en Mondoñedo coa organización da Escola de música local. Fabián Pardo e Carmen R. Lage (autora do tema musical “Sempre Mondoñedo”) serán outros dos participantes desta gala que estará presentada por Fran Bouso.

Voces da Paula é unha idea de Fran Bouso organizada pola Comisión de festas de As San Lucas e As Quendas e conta coa colaboración da Escola municipal de música de Mondoñedo.

Exit mobile version