Os Aventados, despois da xuntanza deste sábado enmarcada no programa cultural “Galegos e Mariñanos” onde Mariña Patrimonio fixo unha amplísima mostra dos achados arqueolóxicos no Castro da Atalaya, manifestou varias conclusións:
1. Resulta imprescindible que as asociacións da Mariña se ocupen da defensa, conservación e divulgación do patrimonio histórico, cultural, ecolóxico e relixioso do noso Territorio, por ser un dereito da cidadanía.
2. O mundo antigo, teñen un marabilloso legado na Illa da Atalaya de San Cibrao, ao mostrar probas inequívocas da existencia dunha poboación Celta e Romana de inmenso valor, que explicaría a presenza de illas San Cyprianus en documentos moi antigos, incluso a referencia de Claudio potolomeo ao arquipélago Trileucos, que coincide cos Farallóns e as Illas que conforman San Cibrao.
3. O asentamento poboacional da Atalaya, é dunha enorme importancia, tanto polo tamaño (6 hectáreas) como polos restos que se atoparon, con especial sinalamento da cerámica Sigilata de todos os tipos, o que indica a enorme importancia do comercio entre o asentamento da Atalaya e o resto do mundo romano.
4. Estamos ante un Castro Celta Romanizado, que malia as agresións sufridas reúne datos obxectivos que invita ao seu excavación, como intervención arqueolóxica que pode dar enormes beneficios desde a perspectiva dun gran parque temático, onde a cultura transfórmase nun punto de máxima afluencia de visitantes, que se demostrou forma parte das alternativas económicas e laborais máis importantes da actualidade.