Así, coñeceron todos os datos, estado actual e futuro inmediato de actuacións coma a nova escola infantil, o acceso ó porto, a ampliación do Hospital, a prolongación de martelo de abrigo no porto ou a reconstrucción do faro.
Igualmente, por parte da presidencia informóuselles de aspectos relacionados coas obras e actuacións de carácter menor, pero non menos importantes, que o goberno municipal está levando a cabo (aforro enerxético, reparación de camiños, reparación de beirarrúas, próxima renovación parcial de pavimento en certas rúas da localidade, actuacións no recinto deportivo da Marosa, etc.), ou pretende abordar en poucas semanas.
Ademáis, os asistentes fixeron un repaso polos puntos máis importantes do programa electoral, chegando á conclusión de que está cumplido, a piques de cumplirse ou comenzados os trámites para o seu cumplimento nun noventa por cento.
O presidente da Agrupación Local, José María González Barcia, valorou “moi positivamente a reunión, porque sirveu para transmitir unha información que ás veces non chega con forza ós cidadáns. A partires do vindeiro martes, día 28, comenzaremos unha serie de reunións con veciños polos barrios da localidade. A primeira, para este martes, será no Restaurante Os Remos, ás oito e media da tarde. Pedimos que a cidadanía asista a estas reunións polos barrios para coñecer de primeira man o que se está facendo, e que nos transmitan as súas críticas e propostas”.
Finalmente, Barcia agradeceu o apoio das bases do Partido Popular de Burela, porque “eles son os primeiros transmisores da nosa mensaxe e do que se está a facer desde o goberno municipal”.