Pasiño a Pasiño prepara a festa do Samaín. E para iso, convida a tod@s @s soci@s a compartir o tempo de decoración do local ata convertelo nun lugar terrorífico asegurando que “será moi entretido”. A decoración levarase a cabo o mércores 29 e o xoves 30 a partir das 18.30 horas coa participación de grandes e cativos. O plan do venres comezará a partir das 17.30 horas coa reunión de monstros, bruxas e fantasmas e demais persoaxes no local para percorrer San Cibrao facendo o “truco ou trato”. A partir das 20.00 horas Carme Conde contará historias “terroríficas” para rematar a festa cunha pinchada para repoñer forzas e o “guateque Samaín”. Carme Conde ofrecerá o sábado 1 de novembro ás 12.00 horas un taller de narrativa terrorífica.
O Samaín de Pasiño a Pasiño
O Samaín de Pasiño a Pasiño
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia