Dende o PSdeG-PSOE na nosa liña de informar ós veciños e veciñas das decisións que se toman dende o Concello relativo a todo o que pode influír nas súas vidas. Neste senso convocamos a todos os veciños e veciñas a unha charla na que explicaremos o porque pedimos unha revisión catastral en Burela, e a influencia que vai a ter o novo PXOM nas fincas dos veciños e veciñas.
A charla vai a ser o día 30 de outubro ás 20.00 horas no Salón de Conferencias de Burela, nela todos os veciños e veciñas de Burela poderán preguntar as súas dúbidas ós poñentes. A charla será presentada por Ramiro Fernández Rey (Secretario Xeral da Agrupación de Burela), e intervirán como poñentes Fe Álvarez Sánchez (Membro da Comisión Executiva PSdeG-PSOE Galego), Pilar García Porto (Deputada Provincial), Alfredo Llano García (Portavoz Municipal PSdeG-PSOE Burela) e Julián Rodríguez Garzón (Arquitecto).
Invitamos a participar a todos os veciños e veciñas de Burela pola importancia que teñen os temas que alí imos a tratar.