Site icon Crónica3.com A Mariña

O Enduro Team Galipizza&Cía logra meterse no Top Ten da X Extreme Porto Lagares por segundo ano consecutivo

enduro-xtremoCunha sétima posición na categoría XL os viveirenses especialistas en enduro extremo, Santi Chao e Manuel Grandío, lograron colocar ó Enduro Team Galipizza&Cía no Top Ten da décima edición do Extreme Porto Lagares onde se deron cita pilotos de hard enduro de todo o mundo.

A proba comezaba na primeira xornda, a do sábado 11 de outubro, cun prólogo feito con obstáculos artificiais na Ribeira do Porto (Oporto), que serviría para saber a orde de saída da carreira do domingo. Santi Chao marcou o mellor tempo do equipo para situarse no posto 20º dun total de 50 participantes para a saída do domingo.

Xa pola noite, tería lugar unha especial nocturna de 7 quilómetros polos arredores de Lagares que se sumaría ó tempo da carreira do domingo.

E o domingo amencía co ceo anubrado e o chan moi escorredizo debido á choiva que caera pola noite. O equipo viveirese tomaba a saída ás 11.20 horas da mañá comenzando a remontar postos na súa loita pola categoría.
Preto do final da proba situábanse nunha meritoria sexta praza, aínda que un problema mecánico faríaos perder un posto ó final do día rematando sétimos cun tempo de 5 horas e 9 minutos.

Aínda así, foron o primeiro equipo da categoría XL formado por pilotos non portugueses e polo tanto non coñecedores do terreo; aínda que esta é a cuarta ocasión que se desprazan a Porto para participar na proba.

Representando a Asociación Viveiro Enduro tamén acudían a esta cita os mozos pilotos locais Marcos Grandío e Borja Polo que lograban acabar a carreira no posto décimo sétimo cun tempo de 6 horas e 13 minutos. Todo un logro tendo en conta que se trata da proba de Enduro Extremo máis dura do mundo na categoría XL. De feito, de 50 parellas participantes, só 18 chegaron ó final.

Pola súa parte, na categoria PRO o gran dominador do día foi o madrileño Alfredo Gómez Cantero que se impuxo ó actual campión do mundo Graham Jarvis, deixando na terceira posición ó mozo Mario Román.

Exit mobile version