San Cibrao, 28 de outubro de 2014.- A axencia marítima NAUCHER publicou na súa páxina web, a carta que enviou o Colexio Oficial Nacional de Prácticos de Porto, á Sra Dª. Soraya Sáenz de Santamaría Antón, actual Presidenta-Comité especial para a xestión do ébola. Na devandita carta indícase o alto risco que supón confiar unicamente no documento chamado de “Libre Conversación” que realiza o capitán do barco durante a súa travesía e que simplemente consiste nun fax que envía o capitán do barco a Sanidade Exterior declarando “que “non” ten persoal enfermo a bordo”. Polo tanto, pídese que interveña Sanidade Exterior en primeiro lugar para asegurarse que non existe síntomas do virus, e a continuación que suban a bordo o resto de persoal como é o caso dos Prácticos que axudan no atraque dos barcos.
Segundo publica NAUCHER, España é con moito o país onde máis barcos atracan con precedencia dos tres países que teñen estendido o virus, pero en pero Estados Unidos, Arxentina, Angola xa están tomando medidas de control para evitar a entrada do virus.
As medidas que formulaba o CSI-F hai unhas semanas, agora non resulta tan desatinadas e pide a ALCOA que non se quede apartada do problema e que utilice a súa influencia para esixir máis protección no seu porto de descarga, xa que se se producise un contaxio entre o seu persoal, iso supoñería o peche das instalacións e por suposto a paralización da produción. Dende o CSI-F tamén pedimos ao presidente do Comité de Empresa Sr. Combarro que non se conforme co que lle di a empresa e escoite a xusta reclamación dos traballadores e mandos do Porto de ALCOA, máxime cando ademais de ser representante de UGT, se ten o cargo de Delegado de Prevención dos traballadores.