Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concelllo de Cervo destinará 58.000 euros do remanente de tesourería a reparar e mellorar a rede de saneamento de Figuerido

Cervo, 14 de outubro de 2014- O Concello de Cervo anunciou hoxe que acometerá unha importante obra na rede de saneamento de Figuerido. O proxecto inclúe varias tarefas; unha delas é a de reparación despois de que as crecidas do río Xunco danasen a rede. Ao mesmo tempo, as obras contemplan medidas de protección para evitar que as enchentes volvan provocar problemas no saneamento.

Outra das actuacións será a creación dunha rede separativa, que xestionará unicamente as augas residuais. Con estas medidas o Concello quere evitar que as sucesivas crecidas do río Xunco volvan causar máis danos no sistema, que poderían derivar en problemas de vertidos.

Unhas obras completas e en profundidade que o Concello financiará con fondos propios, recorrendo ao remanente de tesourería do ano 2013, que só se pode utilizar para investimentos que permitan un aforro económico prolongado no tempo. Por este motivo, o goberno local levará este asunto ao pleno que se celebrará esta semana e no que se debaterá a decisión de destinar 58.000 euros do remanente a esta reforma. Unha sesión na que tamén se abordarán os orzamentos de 2015.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, e técnicos municipais estiveron comprobando o estado actual da rede. Alonso asegura que esta obra é “muy necesaria para el cuidado y la protección del medio ambiente y de nuestro entorno”, pero tamén “para garantizar el correcto funcionamiento de la red, lo cual siempre redunda en el bienestar de nuestros vecinos”.

Exit mobile version