“O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro continúa coa súa campaña REINICIANDO VIVEIRO, este martes 14 de outubro a partir das 20.30 horas na Escola Vella de VIEIRO”
Os nacionalistas, xa visitaron as Parroquias de Valcarría, Celeiro, Covas, San Pedro e Landrove escoitando as demandas, críticas e propostas das veciñas e veciños do noso Concello e continúan a súa andaina, neste caso o vindeiro martes 14 de outubro ás 20.30 na escola vella de Vieiro.
Ao longo da semana, estarán o xoves ás 20.30 horas no centro sociocultural de Santo André de Boimente, e o venres ás 20.30 na Escola Vella de Magazos.