González Barcia participou nos actos relixiosos, misa e procesión, que tiveron lugar onte a mediodía na igrexa parroquial de Burela, así como no viño español que se serviu nas dependencias do Cuartel da Garda Civil na localidade, sede da compañía e do Subsector de Tráfico.
Barcia resaltou e agradeceu o traballo e espírito de sacrificio da Benemérita, e lembrou que é unha das institucións máis e mellor valoradas de todo o Estado. Así mesmo, remarcou o elevado grao de recoñecemento da poboación de Burela para a Garda Civil.