Site icon Crónica3.com A Mariña

Markytos gaña tamén no I Aberto A Terra verde non da pena de Trabada

billarda-trabadaA choiva deunos un respiro e portouse na tarde do sábado permitindo que a 2ª xornada da liga regular da LNB da conferencia NorLeste, se celebrase con bastante puntualidade e, malia a competencia que tiñamos co San Froilán de Lugo, a asistencia de palanadores foi moito mais que aceptable chegando o medio cento de deportivos loitadores que disfrutamos xogando a billarda no alto da Cadeira, ao pé da ermida de San Marcos.

O equipo anfitrión “Pena Verde” encargouse de adecentar e deixar o bravío monte (de ermos e irregulares illotes, franqueados por céspede mol), en condicións de xogo mais ou menos boas (cada quen falará da feira según lle foi nela), que acentuaron o inxenio e pericia dos palanadores para erguer a billarda do chan e golpeala cara o varal.

En dous campos paralelos deron comezo as carreiras que axilmente se foron sucedendo, primeiro mais ou menos según era de esperar e mais tarde con alguha das habituais sorpresas que nos depara a billarda.

Cabe subliñar por imprevistas as victorias de Irea sobre Charli, Manu Caldeiro sobre Geni, Maricarme sobre Regueiro, etc. etc. Chocante e inesperado tamén que Xermán non fora quen de gañar unha soa carreira na tarde e rematase co seu casilleiro a cero.

No lado positivo, a boa actuación dos novos equipos que veñen apertando así como dos benxamines da liga, Lucia e Manu Caldeiro que progresan a pasos axigantados

Houbo algún intento de varado, mais todo quedou en intento, naide atinou co varal e ainda que sobraron forzas, faltou puntería, disque os palanadores da mariña perden moito en altura, pero non é certo. A proba está a vista. Os tres mellores na Cadeira son todos eles mariñans. “Y si nó, desmiéntemelo”!!

A derradeira carreira chegaron con posibilidades de pleno catro palanadores. A Luis de “O Cadaval”, foi un seu compañeiro quen o tumbou e deixouno fora, os outros tres gañaron (Markytos e Franco no terreo de xogo e Juan como se soe decir, nos despachos).

No desempate correspondente, Markytos impuxose sin atrancos gañando as tres carreiras e Juan foi segundo deixando o terceiro caixón para o italogalego Franco (o avó da liga que está feito todo un chaval).

Uns artísticos trofeos de Seixo e mais uns cartuchos de castañas recibiron os tres primeiros de mans dos anfitrións “Pena Verde”, asimesmo o equipo da xornada “Billardeiros Musicais” recibiu como agasallo unha cestiña de castañas.

As clasificacións quedaron asi:
Individual: Markytos 20 p., Juan e Pepe 17 p., Daniel, Kiko, Manu e Regueiro 16 p.

Equipos: Billardeiros Musicais 68 p., O Cadaval 66 p., Carabullo de Teixo 51 p.

Femenino: Geles e Sara 11 p., Irea 10 p., Geni 7 p. e Maricarmen e Sofia 5 p.

Varados: Charli 1 Varado

Parabéns a todos os palanadores/as, en especial os gañadores da tarde e lembrar que a terceira xornada será o vindeiro 25 de outubro en A Pontenova.

Exit mobile version