Site icon Crónica3.com A Mariña

Inicia unha nova temporada da Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro

A temporada 2014/2015 da Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro comeza o vindeiro luns 13 de outubro.

Seguindo o esquema de anos anteriores, a competición disputarase os luns e xoves de cada semana no pavillón municipal a razón de tres partidos os luns e catro os xoves ata completar os sete partidos semanais nos que se enfrontarán os 14 equipos participantes.

Gato Pardo fíxose na pasada temporada co título de Liga, mentres que Óscar Joyeros acadou o título de Copa.

Nesta nova temporada os enfrontamentos da primeira xornada serán:
– Luns 13 de outubro, 20.30 horas: Temple Bar – Mesón Lodeiro

– Luns 13 de outubro, 21.15 horas: Gato Pardo – A Curva

– Luns 13 de outubro, 22.00 horas: Óscar Joyeros – Cofipesca

– Xoves 16 de outubro, 20.30 horas: Mesón Os Arcos – Mesón A Fonte

– Xoves 16 de outubro, 21.15 horas: O Mesón – Flanagans

– Xoves 16 de outubro, 22.00 horas: Forum – Juve Chavín

– Xoves 16 de outubro, 22.45 horas: O Recuncho – Punto Galego

*Foto: Finalistas Copa 13/14.

Exit mobile version