O artistas plástico Carlos Montero López inaugura este sábado 4 de outubro unha mostra de debuxos e pinturas na sala de exposicións do Casino de Viveiro Club Náutico. Será a partir das 20.30 horas. Posteriormente, a exposición poderase visitar ata o xoves 23 de outubro de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas con entrada libre. Isaac Díaz Pardo dicía que “Carlos Montero é un arquitecto que intenta buscar a súa identidade no mundo dos sonos. A súa obra trata de testemuñar a subrealidade. As súas interpretacións teñen unha grande unidade, trátaas como gravados polícromos de excepcionais virtudes. A súa obra irase entendendo e valorando a medida que pase o tempo, como sucede sempre”.
Inauguración da mostra de Carlos Montero no Casino de Viveiro
Inauguración da mostra de Carlos Montero no Casino de Viveiro
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro