Aberto o prazo para anotarse á segunda edición da liga de tenis de mesa para adolescentes maiores de 15 anos e adultos do Vicedo. Consistirá na disputa dunha primeira volta todos contra todos e unha segunda volta onde se farán 2 grupos atendendo á clasificación da primeira volta. O gañador desa segunda volta será o gañador final da liga libre. A inscrición será de 5 euros e dará dereito a participar na liga e a uns pinchos a final de liga. As xornadas da liga celebraranse os venres a partir das 19.00 horas comezando a competición o venres 17 de outubro. Podedes anotarvos no teléfono 982 590 195 e no mail concello@concellodovicedo.org. O inverno pasado disputouse a primeira edición coa participación de 12 xogadores e este ano agardamos aumentar o número de participantes.