Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia aclara que as enquisas que estes días se realizan por Burela non foron encargadas polo Concello nin pagadas con fondos municipais

Burela, 28 de outubro de 2014.- O alcalde, José Mª González Barcia, aclara que as enquisas que estes días realizan varias empresas en Burela non foron encargadas polo Concello nin pagadas con fondos municipais.

O rexedor sinalou que “nas últimas semanas e máis concretamente, nos últimos días, véñense facendo diversas enquisas por parte de empresas de cara ás próximas eleccións municipais. En concreto, aquí no concello de Burela parece ser que se está levando a cabo unha enquisa telefónica onde se deixa caer que é unha enquisa que está feita para o Concello”.

González Barcia quere “que quede claro que dende o Concello non se está pagando a ningunha empresa para facer ningunha enquisa sufragada con fondos públicos de todos os cidadáns deste concello. En todo caso, nós podemos entender que haxa algunha empresa contratada por algún partido político que poida estar facendo algunha enquisa para coñecer a intención de voto en Burela. Pero ten que quedar completamente claro que dende o Concello como institución non se está sufragando nin pagando ningún tipo de enquisa, nin de cara as eleccións municipais, nin por calquera outra cuestión”.

Exit mobile version