Site icon Crónica3.com A Mariña

Frutas Jose Viveiro FSF 4 – Castro FSF 2

Vitoria do Frutas Jose – Viveiro FSF no seu debú na liga provincial, logo de adiarse o partido da semana pasada.

Encontro disputado no pavillón municipal de Viveiro ante unha boa entrada de siadeiros das viveirenses diante dun equipo moi físico e que segue na liña de mellora que amosara nos últimos encontros da pasada tempada, ademais de terse reforzado con xogadoras doutros equipos da súa zona.

O partido comezou con dominio local pese a algunhas imprecisións propias do primeiro partido da tempada, este dominio plasmariao Anna mediada a primeira metada co 1-0 o que fixo que as xogadoras visitantes adiantaran a súa liña de presión e disfrutaran dalgunhas oportunidades ante as dúbidas das xogadoras locais que acusaban a presión e non atopaban a maneira de sair desta, o que propiciou o empate visitante o que fixo reaccionar as locais, que de novo por medio de Anna e falla de poucos minutos para chegar ao tempo de lecer, puxo o 2-1 no luminoso.

A segunda metade comezou coas xogadoras locais mais asentadas e con mais confianza, o que de novo permitiu un dominio total do xogo con boas triangulacións que achegaban moito perigo á meta visitante. Nunha destas triangulacións Nerea marcou o 3-1, finalizando un bo pase de Anna.

Este gol achegou tranquilidade ao equipo local pero cando mais controlado parecia ter o partido, as visitantes acadaron o 3-2 o que deu emoción ao tramo final do partido, ata que de novo Anna acadou o definitivo 4-2 nun gran gol, que deixou sentenciado o encontro a prol das locais.

Ficha técnica
Frutas Jose.: Diandra, Nerea, Mery, Anna e Rocio. Tamén xogaron.: Andrea, Nuria, Marta e Rosana.

Castro FSF.: Patricia, Sandra Fernandez, Iria, Tais, Carmen. Tamén xogaron.: Natalia, Alejandra, Lucia e Sandra Casanova.

1-0 Anna (min 9)
1-1 Sandra Fdz (min 18)
2-1 Anna (min 22)
3-1 Nerea (min 32)
3-2 Ira (min 46)
4-2 Anna (min 48)

Exit mobile version