Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares do Vista Alegre visitaron SOGAMA

vistaalegre-sogamaUn grupo de alumnos e alumnas de 6º de primaria do Ceip Vista Alegre, de Burela, acompañados polos seus mestres e por monitoras de Gaia visitaron Sogama e o Ecomuseo de Cerceda. “A visita a Sogama foi unha ocasión ideal para que os rapaces comprendan a importancia de separar os residuos nos seus fogares, o funcionamento de Sogama e como o lixo, que a nós non nos serve para nada, pode reutilizarse ou reciclarse”, indican as monitoras de Gaia, o centro de educación medio ambiental do Concello de Burela.

Exit mobile version