Site icon Crónica3.com A Mariña

Emoción de filiais: Burela FS B – Santiago Futsal B

Vista Alegre prepárase para emoción de filiais en Terceira División, coa visita do Santiago Futsal o sábado 18, ás 16.00 horas.

O cadro de Lucas chega ao duelo na quinta praza, con 5 puntos, despois de empatar 1-1 a domicilio co Valdesuso Peugeot Vilalba FS. Pola súa banda, os composteláns recalarán na bomboneira con 4 puntos na súa cuadrícula despois de facerse coa súa primeira vitoria na casa ante o 5Coruña FS (1-0); comezaron a tempada empatando co Pazos de Borbén (2-2) e na segunda xornada caeron fronte ao actual colíder, Pizzería A Fuga Xove FS (3-2).

Vilalba
Na xornada pasada, o técnico mariñán dispuxo de Erik, Aitor, Pancho, Rubén e Alemán, no cinco inicial; tamén xogaron Renato, Jorge, Adrián, Hélder, Ángel, Borja e Javi. Os laranxas adiantáronse no marcador na primeira parte, con gol de Ángel, nunha cita de dominio visitante, aínda que con carencias na circulación de balón. Tras o descanso chegou o empate dos vilalbeses, que avanzaron en perigo á contra, equilibrando as forzas. A bucina soou cando os de Lucas dispoñían das mellores ocasións.

Exit mobile version